Novas 2017
ESPECIAL
26 Abr 2017
"Daremos guerra da primeira pada á derradeira"
Jon Iriondo, adestrador de Ondarroa Cikautxo, traenos as novidades dun dos debutantes na Eusko Label Liga
Esta semana é a quenda dun recén ascendido na nosa sección semanal onde entrevistamos aos adestradores da Eusko Label Liga. Jon Iriondo, adestrador de Ondarroa Cikautxo, levou o seu equipo á loita pola Coroa CaixaBank tras mantérense toda a tempada pasada nos primeiros postos da Liga ARC e rematar o ascenso nas xornadas do playoff desputadas en Bermeo e Portugalete, onde lograron vencer ambas regatas.
Apenas tres dos actuais integrantes do equipo viscaíno saben o que é remar na máxima categoría do remo. Iriondo é un deles, polo que xa alertou aos seus mozos da dureza do reto que van afrontar este verán. “A Eusko Label Liga é unha competición onde o mínimo detalle pode supor dous ou tres puntos” di o adestrador guipuscoano. Que ninguén pense que Ondarroa Cikautxo vén de visita á Eusko Label Liga, xa que en palabras do seu preparador, o equipo dará “guerra da primeira pada á derradeira”.