Novas 2017
ESPECIAL
06 Xul 2017
O Test de Adrián Miramón
O remeiro malagueño de Kaiku Producha inaugura esta sección de preguntas e respostas
Hoxe vimos presentar unha nova sección que nos axudará a coñecermos máis a algúns dos remeiros da Eusko Label Liga. Esta sección chega da man de BM, a cadea de distribución vasca que recentemente se sumou á familia da ACT.
O primeiro en respostar as nosas “curiosas” preguntas foi Adrián Miramón, remeiro de Kaiku Producha. Con toda a graza e simpatía do mundo, o malagueño fálanos das súas afeccións á marxe do remo.