Novas 2017
ESPECIAL
06 Xul 2017
A Concha recibe á Eusko Label Liga e á Liga Euskotren
Hoxe presentouse no Aquarium de Donostia a Bandeira Giroa Veolia e a VI. Euskotren Bandera
A Baía da Concha recibirá este domingo a partir das 12.00 horas tanto a Eusko Label Liga como a Liga Euskotren para a desputa da Bandeira Giroa Veolia e a VI. Euskotren Bandera respectivamente. A xornada encetará coa desputa da competición masculina na que as quendas estarán definidas pola clasificación xeral tras da desputa da Orioko XXVII. Estropadak do sábado. Inmediatamente despois, as 10 traiñeiras aspirantes a conseguiren un pase para competir na Liga Euskotren loitarán na segunda xornada do Playoff, na que a orde de saída será inverso á clasificación da xornada anterior na V. Orio Kanpina Bandera.
Esta mañá celebrouse o acto de presentación da regata no Aquarium de Donostia. Estiveron presentes neste acto Alberto López, presidente de Kaiarriba Arraun Elkartea; Antonio Aiz, Viceconselleiro de Transportes do Goberno Vasco; Josetxo Aranburu, da ACT; Juanma Taracena, Director Xeral de Giroa Veolia; e José Ignacio Espel, Presidente do Aquarium.
Consulta dossier da regata Bandeira Giroa Veolia – VI. Euskotren Bandera