Novas 2018

ENTREVISTAS

09 Mai 2018

"O noso obxectivo é voltar conseguir a Coroa CaixaBank"

"O noso obxectivo é voltar conseguir a Coroa CaixaBank"

Joseba Fernández, adestrador de Urdaibai Avia, cóntanos cales son as sensacións e os obxectivos dos bermeotarras para a Eusko Label Liga 2018

A loita pola Coroa CaixaBank é dura, e os remeiros de Urdaibai Avia sábeno ben. Esta semana entrevistamos Joseba Fernández, adestrador deste club que posúe o maior número de ligas e que está disposto a arrasar de novo na Eusko Label Liga 2018. Entre os seus diversos obxectivos para esta temporada hai un principal “defender o título, e se somos quen, voltar conseguir a Coroa e levar o título de campión no 2019 tamén, ese é o obxectivo que temos en mente e non outro”.

Tras unha dura pretempada pasada por auga, o técnico dos bermeotarras asegura ter sensacións positivas para afrontar a nova tempada “teño boas sensacións, é o que me transmite o equipo e penso que estamos a cumprir todos os obxectivos que nos marcamos na pretempada”. Con respecto á rivalidade á que se enfrentará a ‘Bou Bizkaia’,  afirma que os rivais “son os mesmos do ano pasado, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto. Sinceramente penso que os tres imos estar de novo pelexando polo título”. Aínda que teña claro que clubs serán os seus principais rivais, non quita ollo dos demais “Vese que Zierbena Bahías de Bizkaia se reforzou e Cabo este ano tamén apunta moi forte. Os dous ascendidos creo que non van ser dous ascendidos convencionais”.

Ademais de falarnos das baixas e altas que tivo o seu club, o técnico tamén falou da súa propia baixa como remeiro, asegurando que “eu sempre me considerei remeiro por riba de todas as cousas, sígome considerando e teño mono de remo” ao que engade que esta baixa pode non ser definitiva, xa que “non descarto voltar. A min remar tírame, é co que desfruto, co que gocei durante 30 anos e dun xeito ou de outro hei seguir remando”.

Voltar