Novas 2014

ESPECIAL

24 Xu˜ 2014

A II Bandeira Euskadi Basque Country inundará Barcelona

A II Bandeira Euskadi Basque Country inundará Barcelona

A Cidade Condal acollerá entre o 27, 28 e 29 de xuño unha morea de actividades culturais, gastronómicas e musicais co gallo da chegada das traíñas

A inminente chegada do verán fai que as praias e o mar collan un protagonismo total e é por isto que os vindeiros 27, 28 e 29 de xuño a Plaça del Mar de Barcelona convertirase no centro neurálxico da II Bandeira Euskadi Basque Country. Un acontecemento único na Cidade Condal, e no que deporte e cultura irán da man. Quen se acegue á contorna da Platja de Sant Sebastià poderá gozar de numerosas actividades que van da degustación da mellor gastronomía do País Vasco, concertos, deporte rural vasco e até dunha regata coa elite do remo de traíñas, que será o punto álxido desta completa fin de semana.

O programa será moi variado e comezará o venres 27 ás 20.00 horas con un triki-poteo polas ruas do Born con saída e chegada na Euskal Etxea. No sábado, ás 12.00 horas na Plaça Poeta Boscà farase a inauguración oficial da fin de semana de remo e estará amenizada polo grupo de danza Kukai. Unha hora máis tarde, e xa na Plaça del Mar -onde estará situada a zona lúdica- haberá unha exhibición de aizkolaris (cortadores de troncos) e harrijasotzailes (levantadores de pedras) que se repetirá tamén ás 18.00 horas. Entre o lusco e fusco, San Miguel porá a nota musical con un pequeno festival a pé de praia. Éste, que comezará ás 19.00 horas, terá como protagonistas a dous dos grupos con maior proxección do momento: os cataláns The Free Fall Band e os vascos Belako. A esta festa tamén se unirá a mellor música dos Djs de San Miguel. Durante toda a xornada haberá txalaparta, danzas vascas, exhibicións de diferentes disciplinas de surf, ademais dunha competición popular de ergómetros e degustacións gastronómicas dos mellores productos vascos na mesma zona lúdica. Cómpre sinalar que as barras e grellas instaladas na Plaça del Mar permanecerán abertas das 11.00 horas até as 22.00 horas.

No domingo, a partir das 12.00 horas, chegará o plato forte da fin de semana coa disputa da primeira xornada da Liga San Miguel. Unha competición que chega por segunda vez á Cidade Condal e na que as embarcacións loitarán por se facer coa prezada II Bandeira Euskadi-Basque Country. O campo de regateo estará situado entre a Platja de Sant Sebastià e o Hotel Vela, e a regata será retransmitida en directo tanto por Esport3, ETB e TVG. A xornada continuará con diferentes actos lúdicos e culturais, salientando tamén a exhibición de surf que se desenvolverá o mesmo domingo ás 13.00 horas. E igual que no sábado, as grellas e barras estarán abertas todo o día.
 

Voltar