Novas 2014
COMPETICION
25 Xu˜ 2014
Barcelona, capital do remo
Esta mañá presentouse a II Bandeira Euskadi Basque Country no Concello de Barcelona e ademais realizouse o sorteo da composición das quendas
A Liga San Miguel presentou esta mañá de xeito oficial o primeiro dos seus 19 encontros, no que estivo presente Maite Fandos, tenente alcalde de deportes de Barcelona; Itziar Epalza, viceconselleira de turismo do Goberno vasco; e Iñaki Mikeo, xerente da ACT. Unha regata que, para alén de para dar o bandeirazo de saída á competición, servirá unha vez máis para que o mundo das traíñas se expoña nun dos escenarios máis importantes a nivel mundial: Barcelona. Este domingo a partir das 12.00 horas a Platja de Sant Sebastià será de novo a encargada de ditar quen debe ser a tripulación que terá a honra de ondear a II Bandeira Euskadi Baque Country. Unha regata, cómpre salientar, que vén da man da Consellería de Turismo do Goberno Vasco e do Ajuntament de Barcelona, así como de San Miguel.
A proba terá o mesmo campo de regateo que no ano pasado e será retransmitida en directo a través de ETB1, Esport 3 e TVG. A saída e chegada estará situada xunto o Hotel Vela, mentres que as balizas exteriores colocaranse frente a Platja de Sant Sebastià. En relación coas quendas, o sorteo efectuado na presentación a cargo de Maite Fandos e Itziar Epalza, quixo que a composición das mesmas sexa a seguinte.
Primeira Quenda: Urdaibai Avia, Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Ambilamp y San Juan Ibedrola
Segunda Quenda: Astillero, Pedreña, Hondarribia Orsa y Cabo
Terceira Quenda: Portugalete Eulen, Tirán Pereira, San Pedro Ecolmare y Orio Babyauto
Para alén do puramente deportivo, tamén haberá espazo para outro tipo de actos que se virán desenvolvendo desde o venres. É o caso da exhibición de herri kirolak, degustacións gastronómicas ou actividades musicais. Precisamente sobre este último punto, o sábado San Miguel organizará un pequeno festival ao ar libre no village situado na Plaça del Mar onde actuarán Belako, The Free Fall Band e os dj’s de San Miguel.
Por último, Iñaki Mikeo aproveitou para agradecer a todas as partes implicadas pola volta da Liga San Miguel a Barcelona. “É a mellor praza na que podemos estar e estou convencido de que imos ver un grande espectáculo no vindeiro domingo. Desde aquí quería agradecer tanto ao Goberno vasco como ao Ajuntament de Barcelona, así como a San Miguel, o apoio que nos brindou para poder traer unha regata até aquí”, concluiu.