Novas 2014
COMPETICION
28 Xu˜ 2014
Todos remamos coa Liga San Miguel
Numerosos rostros coñecidos da cultura, o deporte ou a televisión únense á campaña da Liga San Miguel
A Liga San Miguel arrinca mañá a partir das 12.00 horas coa disputa da II Bandeira Euskadi Basque Country en augas de Barcelona. Unha xornada que está marcada en vermello, e boa mostra disto foi o grande apoio que brindaron personaxes do mundo do deporte, a cultura ou a televisión. Así pois, Jagoba Arrasate (adestrador da Real Sociedad), Ibai Gómez (xogador do Athletic de Bilbao), David Doblas (xogador do Gipuzkoa Basket), Sandra Sabatés (pesentadora de El Intermedio na Sexta) ou Martin Berasategui (cociñeiro) son algúns dos rostros que quixeron sumarse á traíña da Liga San Miguel.Se ti tamén queres remar coa Liga San Miguel, en cada regata, terás a opción de te fotografiares nun photocall que San Miguel colocará e recibir a foto de xeito gratuito ao instante a través do teu móbil. ¡Agardamos por ti!