Novas 2018

ESPECIAL

08 Feb 2018

CaixaBank e a ACT navegan firme

CaixaBank e a ACT navegan firme

Castro Urdiales é o lugar escollido para celebrar o vindeiro 15 de xullo a VI Bandeira CaixaBank

Seis anos a navegar de forma conxunta son a suma que ostentan CaixaBank e a ACT logo do novo acordo acadado entre ambas partes. De 2013 en diante, a entidade financeira convertiuse nun dos eixos fundamentais do que está considerado como un dos grandes eventos deportivos do momento na época estival, que levou estes anos a CaixaBank e á ACT a surcaren as augas da Cornixa Cantábrica e Atlántica. 

Deste xeito, CaixaBank voltará dar nome ao trofeo polo que as 12 mellores traiñeiras do momento pugnan ao longo de todo o verán, a Coroa CaixaBank, que repousa por segundo ano consecutivo nas vitrinas de Urdaibai Avia. E por suposto, voltará premiar o liderado e a fiabilidade do mellor patrón co maillote branco, que na pasada tempada vestiu Ioseba Amunarriz, patrón de Hondarribia. Como vén sendo habitual, a estrela de CaixaBank lucirá no maillote da líder da Liga Euskotren. Ademais, este acordo como main sponsor inclúe outras contraprestacións como o Tour Coroa CaixaBank, que voltará levar o trofeo por numerosas localidades, accións de hopitality ou diferentes soportes publicitarios. 

Unha das novidades deste ano tráea a VI Bandeira CaixaBank, encontro que se desputará o vindeiro 15 de xullo e recuperará un dos escenarios mellor considerados no mundo das traiñeiras: Castro Urdiales. Como xa se fixo no 2016, a Enseada de Brazomar será testemuña dunha xornada da máxima competición. Desta maneira, tanto a Asociación como CaixaBank, e grazas ao inestimábel apoio do Concello de Castro Urdiales, manteñen o seu compromiso por dar continuidade ao espazo da Eusko Label Liga en Cantabria. O calendario de competición, cómpre sinalar, será aprobado o próximo mes de marzo.

Voltar