Novas 2014

ESPECIAL

11 Xu˜ 2014

ACTk arraunlarien ingurua omentzen du

ACTk arraunlarien ingurua omentzen du

A Asociación sorteou o pasado sábado entre todos os remeiros unha viaxe para dúas persoas á II Bandeira Euskadi Basque Country

Durante a Gala da Liga San Miguel celebrada no pasado sábado en Bilbao, a Asociación de Clubs de Traíñas quixo homenaxear os familiares e achegados dos remeiros, xa que estes son os que de verdade sofren a ausencia do remeiro durante todo o ano. Por isto, no Teatro Campos Elíseos sorteouse entre todos os remeiros unha viaxe para dúas persoas a Barcelona con todos os gastos pagos para que gozen da II bandeira Euskadi-Basque Country o vindeiro 29 de xuño.


O sorteo celebrouse de xeito moi sinxelo. As azafatas, en primeiro termo, tiraron unha bóla do bombo onde se atopaban as bólas con todos os equipos da Liga San Miguel. E inmediantamente, a segunda azafata encargouse de tirar a bóla do segundo bombo, do que se sacou unha bóla con un número do 1 ao 22 que fai referencia ao número que ten cada remero na revista Boga 2014. A primeira bóla contiña o nome do equipo San Pedro Ecolmare, o que produciu un grande estrondo na parte traseira do teatro, xa que alí estaban sentados os remeiros do equipo guipuscoano. Pola súa banda, a segunda bóla decidiu que remeiro da 'Libia' disfrutaría do premio. E a sorte quixo que o gañador do sorteo fora Aritz Jauregi, quen terá a oportunidade de convidar a Barcelona ás dúas persoas que el escolla. Parabéns Aritz!

Voltar