Novas 2017
ASOCIACION
18 Mai 2017
Os socios reúnense en Ondarroa
A confraría da localidade biscaína acollerá este sábado unha nova Asemblea da ACT
A falta dunhas semanas para o comezo da Eusko Label Liga, os socios da ACT reuniranse neste sábado ás 10.00 horas en Ondarroa para celebraren unha nova Asemblea. A confraría da localidade biscaína acollerá esta nova reunión na que se tratarán puntos ligados coa xestión e administración da Asociación neste segundo trimestre.
A Asemblea de Ondarroa será a derradeira que celebren os socios da ACT antes de lle dar o bandeirazo de saída á loita pola Coroa CaixaBank.