Novas 2018

ESPECIAL

27 Abr 2018

12 traiñeiras, á procura dun posto na Liga Euskotren

12 traiñeiras, á procura dun posto na Liga Euskotren

O playoff de acceso á Liga Euskotren desputarase en augas de Portugalete o 30 de xuño e en Zierbena o 1 de xullo

A décima edición da Liga Euskotren dará comezo en dous meses con máis novidades que nunca. As traiñeiras femeninas pasan de desputaren oito xornadas a catorce nesta nova edición, ademais de ter importantes mudanzas en relación cos premios e a regulamentación, algo que sen dúbida é moi positivo para o crecemento da competición feminina.

A máxima competición do remo feminino celebrará o seu habitual playoff en augas de Portugalete o vindeiro 30 de xuño, mentres que no día seguinte o encontro de peche do playoff será en Zierbena coa III Bandeira Petronor

Nestas dúas xornadas onde o remo feminino será protagonista, até 12 traiñeiras loitarán por conseguiren unha das catro prezadas prazas na máxima competición. Entre as candidatas a conseguiren un posto están Donostia Arraun Lagunak, Puebla-Cabo, Deusto Tecuni, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Jamones Ancin Hibaika, Hondarribia, Donostiarra, Kaiku Producha, Lea-Artibai, Orio Babyauto, San Juan Ibedrola e Tolosaldea.

A traiñeira gañadora da pasada tempada foi San Juan Ibedrola, mais ao haber un total de 12 clubs inscritos para o playoff, as vencedoras non terían asegurada a praza para esta nova liga. Segundo o Apartado 3 do Artigo 2 da Normativa da Liga Euskotren, “no caso de que houbese máis de cinco tripulacións inscritas, a vixente campioa deberá lograr polo menos un quinto posto nunha das dúas xornadas de eliminatorias”, o que significa que as sanjuandarras precisarían lograr como mínimo un quinto posto en algunha das dúas xornadas do playoff para poderen clasificarse.

Unha vez coñecidos os nomes das catro embarcacións que loitarán durante o verán en augas do Atlántico e Cantábrico, a Liga Euskotren ficará definida para o resto da tempada, e como é habitual, a dobre xornada de Zarautz coroará as raíñas da Liga Euskotren 2018 nos días 18 e 19 de agosto.

Voltar