Novas 2014
ESPECIAL
11 Mar 2014
Gabriel Ortiz marca o ritmo da #PlaylistDeMarzo
O remeiro de SDR Pedreña combina unha selección na que inclue rock, pasando por rumba, até a electrónica máis escoitada do momento
Se o mes pasado Julen Castrillon, remeiro de Hondarribia Orsa, era o encargado de pór o ritmo musical á #PlaylistDeFebrero, esta vez o turno é do remeiro da SDR Pedreña, Gabriel Ortiz. Este santanderino, que pasou por clubs como Camargo ou Astillero e que na tempada pasada recalou en Pedreña, preparounos unha lista que está moi influída polo grupo cántabro de rock La Fuga. Até o punto de que máis da metade da selección realizada polo pedreñero contén algunha das cancións máis reconocidas desta banda de rock. É o caso de ‘Buscando en la Basura’ ou ‘P’aquí, p’allá’. Tamén escolleu outro referente na escena do rock como é Reincidentes e a canción que prácticamente se convertiu nun dos himnos do grupo andaluz, ‘Vicio’.
Mais para alén do rock, esta lista tamén ten espazo para ritmos totalmente antagónicos. Como é o caso das místicas rimas do cantautor Joaquín Sabina ou a rumba dos cataláns Estopa. A nota máis movida pona o dj e productor sueco Tim Bergling, coñecido internacionalmente como Avicii, con explotado ‘Hey Brother’ ou o ‘Tsunami’ do xoven dúo canadiense Dvbbs e Borgeous. Cómpre sinalar que Ortiz non quixo deixar escapar a oportunidade de brindar a súa particular homenaxe a El Fary e seleccionou o archicoñecido ‘El Toro Guapo’ para esta #PlaylistDeMarzo.
#PlaylistDeMarzo
Joaquín Sabina – 19 Días y 500 Noches
La Fuga – Buscando en la basura
Avicii – Hey Brother
La Fuga – Por verte sonreír
Reincidentes – Vicio
La Fuga – Baja por diversión
La Fuga – Gigante
Dvbbs & Borgeous – Tsunami
La Fuga – P’aquí, p’allá
Estopa – Ojitos Rojos
La Fuga – No solo respirar
El Fary – El toro guapo
La Fuga – Jaleo
Estopa – Paseo
La Fuga – Las Olas
Ylvis – The Fox
La Fuga – Amor de contenedor
Joaquín Sabina – Una Canción para la Magdalena