Novas 2014
ASOCIACION
14 Xan 2014
Os socios danse cita este sábado en Oiartzun
A primeira Asemblea Xeral do ano terá, entre outros puntos, a elección do presidente e da Xunta Directiva da ACT.
A primeira Asemblea Ordinaria de 2014 da Asociación de Clubs de Traíñas terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro ás 10h00 na sede que a ACT posúe en Oiartzun.
Entre os puntos máis salientáveis que se abordarán nesta cita está a ratificación da acta da última sesión da Asemblea Xeral; aprobación das contas anuais e da xestión Xunta Directiva da ACT na tempada 2013; confirmación da admisión dos novos socios (Zierbena AE e CR Cabo da Cruz) e a conseguinte perda da condición de asociados (SDR Castreña e Zumaia AE); aprobación da presentación do aval polos asociados para a vindeira campaña; ou a elección da Xunta Directiva e presidente da ACT para a vindeira tempada.