Novas 2014
ASOCIACION
18 Xan 2014
Pedro Andueza encamíñase cara o seu terceiro mandato
A Asemblea ratifica á Xunta Directiva e aproban a entrada como socios de Zierbena AE e CR Cabo da Cruz
Esta mañá celebrouse a primeira Asemblea Xeral Ordinaria do ano na sede que a Asociación de Clubs de Traíñas ten en Oiartzun e da que fixeron parte todos os clubs pertenecentes á ACT, incluídos os dous nuevos socios, Zierbena AE e Cabo da Cruz CR, que ocuparán as prazas de SDR Castreña e Zumaia AE. Os socios mostraron a súa confianza no traballo realizado pola Xunta Directiva presidida polo sr. Pedro Andueza e ratificaron a súa continuidade ao frente da Asociación. Entre os diferentes temas tratados ao longo da xornada salientan os citados a seguir.
No primeiro punto da orde do día procedeuse á lectura e aprobación da acta da última Asemblea celebrada no pasado mes de decembro en Zamudio. No apartado de presentación das contas de 2013, sometido a exame, aprobouse o peche económico en 800.000 euros con 10 votos a favor, una abstención e un voto en contra. Ademais da aprobación da xestión da Xunta Directiva na campaña 2013, xunto co pertinente balanzo desta por parte do sr. Pedro Andueza, ratificouse a entrada como novos socios da Asociación de Clubs de Traíñas a Zierbena AE e CR Cabo da Cruz, coa conseguinte perda da condición de asociados de Zumaia AE e SDR Castreña.
Por outra banda, procedeuse a estabelecer o importe dos premios en cada bandeira, que ascenderá a un mínimo de 22.500 €, a mesma cantidade que na pasada tempada. Á súa vez apróbase presentar un aval por parte de cada socio de 22.500 €, que será devolto ao remate da tempada, sempre e cando o club non estea inmerso en ningún proceso disciplinario. Por último, someteuse a votación a presidencia e a nova Xunta Directiva. Con un resultado de 11 votos a favor y una abstención, o sr. Pedro Andueza seguirá como presidente da ACT con María Isabel Diago nas funcións de tesoureira, Francisco Gárate secretario e Chema López como vocal. Ao remate da Asemblea, todos os socios, acompañados pola Xunta Directiva, dirixíronse á Sidrería Bereziartua de Astigarraga para celebrar o tradicional xantar de inicio de curso.
Un saúdo,