Novas 2012

ENTREVISTAS

16 Ago 2012

"A REGATA DA FIN DE SEMANA É A CITA MÁIS IMPORTANTE DO VERÁN EN ZARAUTZ"

"A REGATA DA FIN DE SEMANA É A CITA MÁIS IMPORTANTE DO VERÁN EN ZARAUTZ"

Juan Luis Illarramandi, alcalde de Zarautz

Juan Luis Illarramendi anda atarefado nos labores de alcalde de Zarautz. Cóntanse por miles os turistas que se achegan á vila costeira guipuscoana, e iso supón máis traballo para o alcalde. Esta fin de semana dispútase en Zarautz unha das mellores regatas da liga San Miguel, se non a mellor, e o alcalde fálanos da importancia que ten esta fin de semana para a cidade de Zarautz.

 

Como definiría a regata de Zarautz ao afeccionado remeiro?

Sobre todo diría que é a regata que abre as portas á da Concha. O campo de regateo de Donostia e máis o noso son semellantes, e entre as dúas hai unha distancia de 2-3 semanas. No que respecta á Liga san Miguel, en Zarautz dispútase regata de dobre xornada, repártense moitos puntos, e pódese dicir que a Liga San Miguel comeza a se decidir en Zarautz. Como alcalde, podo dicir que é un acontecemento moi importante para Zarautz, unha regata próxima, á que acoden miles de persoas. Esta tempada tivemos outra regata en xullo, na que mudamos un chisco o campo de regateo. Todo saiu ben, e agardamos que esta fin de semana todo vaia ben tamén.

 

Comentaches que esa dobre regata é importante para Zarautz. Por que?

Zarautz é unha cidade turística, e mediados de agosto será probabelmente o momento no que máis gente acode. É entón cando se disputa a regata, e un pouco antes o triatlón. Son acontecementos deportivos imprescindíbeis, nós dámonos a coñecer grazas a eles, e procuramos atraer á xente a Zarautz con esas probas. Tendo en conta a cantidade de xente que acode ás dúas regatas, diría que acertamos de pleno.

 

Agora es alcalde, pero tes dito moitas veces que es un fiel afeccionado ao remo. Como vives agora o remo?

Cando podo sigo as regatas dende o barco, e cando non é posíbel, pois dende terra. O ano pasado tamén tiven a oportunidade de entregar a bandeira, e son momentos moi especiais. Este ano seguirei a regata con algo de mágoa. Nacín en Getaria, medrei en Orio, e vivo en Zarautz, e na  liga masculina, polo menos, non haberá representación ningunha desas vilas. Ben, Kaiku Ambilamp y Hondarribia Orsa están nun puño, e Zumaia Altuna y Uría, que está ao pé de aquí, está cada vez máis forte. Gustaríame que fóra unha regata competida, para que os afeccionados gocen máis, e se me deixaran escoller, algo de mar, porque as regatas de mar son máis bonitas.

 

Este ano celebrase a 35ª edición da Ikurrina de Zarautz, como ves a regata de cara o futuro?

Ben, todos somos conscientes de que a crise golpea a todos, incluídos os Concellos. Temos que mirar a economía, pero a regata é unha cita con moita tradición, e non se pode deixar de organizar, xa que atrae moita xente á cidade. De paso, gustaríame agradecer a comprensión que nos amosan os habitantes das vilas veciñas, porque os días de regata adoitamos pechar a estrada xeral, sendo conscientes das molestias que causa.

 

Dixeches que es un afeccionado fiel do remo, e estou convencido de que terás seguido a evolución da Liga San Miguel de preto. Este ano fai 10 anos, que reflexión fas?

Diría que é unha competición seria, con boa estrutura. Precisábase unha competición ben organizada, para avanzar. No remo hai tendencia a que cada un mire por si, e a Liga San Miguel aglutina moitas sensibilidades por un ben común.

Voltar