Novas 2018
ESPECIAL
05 Set 2018
Así prepara Cabo a Eusko Label Liga
O adestrador Benigno Silva cóntanos como foi a preparación dos de Boiro nesta temporada
Apenas dúas xornadas restan á Eusko Label Liga para pór o punto final e Cabo sitúase na sexta posición con 120 puntos. A traiñeira adestrada por Beni Silva está a facer un gran labor esta tempada e quixemos aproveitar para que o propio preparador dos de Boiro nos conte como é a preparación e o día a día dun club da elite do remo.
Neste novo capítulo da 'Eusko Label Liga Por Dentro' Beni Silva explica cando comeza a adestrar o equipo, as diferentes cargas de traballo de verán ou inverno, a importancia da xestión de emcións dos remeiros e até se atreve a deseñar o corpo do remeiro perfecto. Non perdas a oportunidade de coñecer por dentro o día a día dun club da elite do remo!