Novas 2018

ESPECIAL

22 Ago 2018

As tatuaxes da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

As tatuaxes da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

Repasamos a tinta marcada na pel dos nosos remeiros e remeiras

As tatuaxes son unha tendencia popularizada xa na sociedade, e por suposto, tamén entre os nosos remeiros e remeiras da Eusko Label Liga e Liga Euskotren. Neste novo capítulo da 'Eusko Label Liga Por Dentro' coñeceremos algunhas destas marcas.

Marcia Larrea de GU Arraun conta que a súa primeira tatuaxe "é unha pluma que está debaixo do peito que fixo con 18 anos". No brazo dereito ten alguns máis con significado familiar, pero tamén destaca unha no seu antebrazo esquerdo: "é unha foto que nos fixeron a min e máis á miña mellor amiga logo de clasificármonos para a Concha hai dous anos e tatuámola as dúas". Outro exemplo é o de Anxo Martínez, remeiro de Cabo, que ten dúas tatuaxes: unha que di 'never give up', que significa 'nunca te rendas', nas súas propias palabras "unha frase que me gusta utilizar en todos os ámbitos da vida' e tambén destaca outro no brazo dereito que di 'Feito en Galiza' e a súa data de nacemento, a lembrar as súas orixes. 

Descubre máis exemplos das tatuaxes na elite do remo neste novo capítulo da 'Eusko Label Liga Por Dentro'!

Voltar