Novas 2012
COMPETICION
09 Xul 2012
A COROA MAPFRE, DE ZARAUTZ A GETXO
Serán expostos ata finais deste mes
A Coroa Mapfre estará exposta en Getxo durante este mes, concretamente, na oficina de Mapfre situada calle Gobela (Las Arenas), 1. O Trofeo que o campión da Liga San Miguel levará ao final da competición estará en Getxo ata finais do xullo para que todos os afeccionados ao remo e á arte poidan gozar desta magnífica obra do escultor lasartearra Miguel Angel Oribe, unha obra de arte creada no ano 2005 para a mellor traíña da costa cántabro-atlántica.
A Coroa Mapfre quedará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante 3 anos consecutivos ou 5 alternos. Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o baleirado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que rompen a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.
Ademais, o obxectivo desta "Coroa Mapfre" era que esas 14 siluetas baleiras, esa forma en círculo, representase unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxada con ferro, como os músculos das tripulacións que en verán enchen as nosas augas.
Cabe destacar que a Coroa Mapfre visitará os seguintes concellos ao longo da presente tempada de traíñas: Zumaia, Portugalete e Bermeo.
Gañadores da Coroa Mapfre:
2003 Astillero
2004 Urdaibai
2005 Astillero
2006 Hondarribia
2007 Urdaibai
2008 Urdaibai
2009 Castro
2010 Urdaibai
2011 Kaiku