Novas 2021

COMPETICION

05 Ago 2021

Boiro, encontro habitual da Liga Eusko Label

Boiro, encontro habitual da Liga Eusko Label

O domingo desputarase a XXXI. Bandeira Concello de Boiro 

Esta fin de semana a Liga Eusko Label continua co seu calendario, e chegará ao seu habitual encontro en Boiro, coa desputa da XXXI. Bandeira Concello de Boiro, presentada na mañá de hoxe.

Na presentación da Bandeira desenvolvida esta mañá no Concello de Boiro, participaron José Ramón Romero Alcalde do Concello de Boiro, Daniel Vázquez Presidente do CR Cabo da Cruz e José Marcos, Concelleiro de Deporte e Mocidade do Concello de Boiro.

A regata do Concello de Boiro xa é moi coñecida na Liga Eusko Label. Na tempada pasada, Santurtzi e Zierbena pelexaron a vitoria até a derradeira pada, e ao final a vitoria foi para a Sotera por 30 centésimas. 

As quendas da regata formaranse en base á clasificación da última xornada desputada, neste caso, os tempos da Bandeira Barbanza Arousa. 
 

Voltar