Novas 2023

COMPETICION

29 Xul 2023

Bermeo Urdaibai gaña a Ikurriña de Getxo

Bermeo Urdaibai gaña a Ikurriña de Getxo Bermeo Urdaibai gaña a Ikurriña de Getxo

Os biscaínos sumaron a súa vitoria número 92 na ACT tras gañaren a Getxoko Estropaden XLV. Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia e igualaron a marca de Hondarribia.

Bermeo Urdaibai levou a vitoria en augas de Getxo. Esta é a cuarta vitoria consecutiva da tripulación da Bou Bizkaia. No segundo longo a traiñeira de Bermeo rachou a regata e os líderes da Liga Eusko Label pararon o crono cun tempo de 20:35. Hondarribia fíxose co segundo posto a 8 segundos dos biscaínos. A Donostiarra cruzou a meta en terceiro lugar a 17 segundos e Zierbena foi cuarta a 21 segundos. Até hoxe Hondarribia tiña o maior número de vitorias na historia da ACT: 92. Con esta vitoria, porén, Bermeo iguala a marca dos guipuscoanos.

Daquela, Bermeo segue á fronte da clasificación xeral con 88 puntos, seguido de Hondarribia con 86. Zierbena segue en terceiro lugar con 81 puntos e a Donostiarra é cuarta con 66 puntos.

Orio leva a vitoria en Getxo
Orio levou a vitoria en augas de Getxo. As guipuscoanas apañaron a cabeza da regata dende o primeiro golpe de remo e foron as primeiras en chegaren á meta cun tempo de 11:23. Arraun Lagunak fíxose co segundo posto tras chegar a 13 segundos das gañadoras. Aínda que as de Laugañene comezaron frouxas no primeiro longo, conseguiron remontar e manter o liderado ao asegurar a segunda praza da regata. Tolosaldea, pola súa parte, foi terceira a 18 segundos de Orio e Donostiarra foi cuarta a 26 segundos.

En canto á clasificación xeral, Arraun Lagunak lidera a Liga Euskotren con 43 puntos, seguida de Orio con 41. Tolosaldea é terceira con 35 puntos e a Donostiarra cuarta con 31. Tirán é última con 7 puntos.

Voltar