Novas 2023
COMPETICION
02 Ago 2023
Valoración metade de tempada: segunda quenda
Chegados ao ecuador da Liga Eusko Label, catro traiñeiras vogan na segunda quenda, onde hai moita igualdade entre elas. Apenas nove puntos separan o quinto clasificado, Orio Orialki, e o oitavo clasificado, Lekittarra Elecnor.
Lekittarra Elecnor está a callar unha boa tempada, e a cumprir o obxectivo da tempada. Lonxe da zona de descenso, os de Osertz Alday queren seguir nesta mesma liña. Getaria, a revelación da tempada pasada, é a sétima clasificada, cos mesmos puntos que a sexta. Fiel á súa filosofía de contar cos canteiráns, os de Ion Larrañaga están a camiño a cumprir o obxectivo por segunda tempada consecutiva. Mellorando os números da pasada tempada, CR Cabo da Cruz é a sexta clasificada da Liga Eusko Label cos mesmos puntos que Getaria. Os de Diego Suarez van mellorando a medida que avanza a tempada. O cuarto equipo da quenda é Orio Orialki. Tras un comezo con máis dúbidas, o equipo de Jon Salsamendi foi mellorando nas últimas xornadas, e xa está lonxe de entrar na terceira quenda, a quenda habitual na última tempada para os oriotarras.