Novas 2016

COMPETICION

27 Xul 2016

A regata das cinco manobras

A regata das cinco manobras

Esta mañá presentouse no Concello de Pasaia a Bandeira Diputación Foral de Gipuzkoa e a ‘Batelerak, bedintasunean aintzindari’
 

A Liga San Miguel volta á competición esta fin de semana en Gipuzkoa coa desputa no sábado a partir das 18.00 horas da Bandeira Diputación Foral de Gipuzkoa, correspondente á décima xornada da Liga San Miguel, así como da ‘Batelerak, bedintasunean aintzindari’, encontro correspondente coa quinta proba da Liga Euskotren. Unha xornada que voltará ser moi especial, xa que as embarcacións masculinas terán que enfrentarse dentro da Baía de Pasaia a unha regata de formato en liña, na que terán que completar cinco ceavogas, sendo as manobras a chave do éxito e, como vén sendo habitual, convertíndose este encontro na única regata en que as tres millas se cubren en seis longos. A liña de balizas de saída e chegada estarán situadas xunto a San Pedro, mentres que as exteriores se colocarán a carón dos astilleiros. No caso da regata feminina, a xornada será de tres longos e dúas ceavogas.

A composición das quendas masculinas dependerá da clasificación xeral da Liga San Miguel. Quere dicir, na primeira quenda vogarán Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia; na segunda, Cabo, Astillero, San Juan Iberdrola e Tirán Pereira; mentres que na quenda de honra estarán Orio Babyauto, Kaiku Producha, Urdaibai Avia e o vixente campión da Coroa CaixaBank, NT2 Hondarribia.

Na xornada de presentación estiveron presentes Denis Itxaso, Deputado foral de Deportes; Lore Suárez, concejala de Pasaia; Antxon Korman, presidente de San Pedro; Xabi Arraras, presidente de San Juan Iberdrola; e Pedro Andueza, presidente da ACT.

Voltar