Novas 2016

COMPETICION

03 Ago 2016

A perspectiva da zona media

A perspectiva da zona media

Cabo, Astillero, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola analizan a batalla que regata tras regata se está a vivir na metade da táboa da Liga San Miguel

Sen dúbida está a ser a zona máis emocionante da Liga San Miguel na que detalles mínimos son os que andan a determinar estar en riba ou estar en baixo. Neste grupo encontramos a Cabo que, con 63 puntos, foi capaz de dar con moi bos resultados como o terceiro posto obtido nas súas augas, e con outros máis irregulares. Na mesma tónica atópase Astillero, unha das ‘revelacións’ da tempada que xa en Sevilla demostrou o seu potencial ao se erguer até o terceiro chanzo e que se situa na sétima praza con 69 puntos.

Na quinta e sexta posición hai un empate a 77 puntos con Orio e San Juan Iberdrola. Dúas das traiñeiras que están a facer incursións na quenda de honra. Os oriotarras conseguiron unha liña bastante regular sen pasaren nunca a cuarta posición, mentres que os sanjuandarras foron os únicos que conseguiron facer ‘sombra’ aos dous grandes galos e arrebátarlles unha das bandeiras en augas de Zierbena, logrando así unha vitoria que levaban buscando desde hai seis anos.

Isto é o que nos contan os protagonistas da zona media 

Voltar