Novas 2021
COMPETICION
29 Xu˜ 2021
"Comezar ben daranos confianza para o verán"
Mikel Orbañanos, adestrador de Go Fit Hondarribia está motivado co comezo da tempada, e dende a primeira xornada pretende que o seu equipo estea na zona alta da clasificación.
Mikel Orbañanos está contento con como foi a pretempada para o seu equipo. “A verdade que as regatas de pretempada e os adestramentos foron ben, e estamos moi contentos”, sinala o técnico de Go Fit Hondarribia. Malia o bo traballo, para Orbañanos, ter un bo comezo será determinante “xa que iso daranos confianza para dar seguido co mesmo traballo e podermos ser regulares durante todo o verán”, sinala o técnico oriotarra.
No referido aos obxectivos, o técnico non fala de vitorias, mais de “andar nos postos de cabeza”, onde están afincados dende hai varios anos. Nese sentido, “este ano gustaríanos estar fortes dende o comezo, e despois tentar pelexar polas bandeiras dando o noso mellor nivel”, indica Orbañanos.
A pelexa por acadar eses obxectivos que sinala non será doada xa que ve “fortes“ os seus rivais. “Estes últimos anos, tanto nos postos de arriba como nos de abaixo hai unha pelexa grande, e penso que este ano será semellante", sinala o adestrador que quere revalidar unha nova coroa CaixaBank.