Novas 2015
COMPETICION
22 Xul 2015
Volve a competición ás Praias de Noja
Esta mañá celebrouse o acto de presentación da III Bandeira Praias de Noja na localidade cántabra
Como xa fixera o ano pasado, a Liga San Miguel volverá a Noja. O sábado a partir das 18:00 horas a Praia de Trengandín volverá reunir as 16 mellores traíñas do momento, da man da Liga San Miguel e máis da Liga Euskotren. As embarcacións enfrontarán un campo de regatas de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, onde as balizas interiores estarán situadas frente a Praia de Trengandín. No caso da regata da Liga Euskotren, as catro participantes competirán por se facer coa Bandeira Feminina Praias de Noja nun percorrido dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga.
A composición das quendas para esta III Bandeira Praias de Noja será en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda estarán Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Kaiku Producha e San Juan Iberdrola. Por último, na quenda de honra competirán Tirán Pereira, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.
Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta III Bandeira Praias de Noja no Salón de Plenos do Concello de Noja. Allí estiveron presentes Miguel Ángel Ruiz, alcalde de Noja; Álvaro Torre, concelleiro de deportes do Concello de Noja; e Francisco Gárate, presidente de SDR Astillero. Os tres coincidiron no beneficioso que é para a competición “que este encontro se asente no calendario”.