Novas 2018

ESPECIAL

23 Xul 2018

O ecuador pasa por Getxo

O ecuador pasa por Getxo

Esta mañá presentouse a Getxoko Estropaden XL. Ikurriña e a Getxoko X. Ikurriña

Este sábado das 18.00 horas en diante volta un dos encontros clásicos do calendario, a Eusko Label Liga e máis a Liga Euskotren desembarcan unha tempada máis en augas de Getxo. Ambas as dúas xornadas, como vén sendo habitual, desputaranse en formato de liña tendo a súa saída e chegada a carón do Porto Vello, que será onde estará ubicada a Fan Zone. A orde de quendas estará definida en base á clasificación xeral polo que na primeira quenda vogarán Tirán PereiraSan Juan SumelecKaiku Producha e San Pedro; na segunda quenda estarán Ondarroa CikautxoDonostiarraCabo e Santurtzi Iberdrola; e xa na quenda de honra remarán Orio BabyautoZierbena Bahías de BizkaiaGO fit Hondarribia e Urdaibai Avia, líder da Eusko Label Liga. Logo, na feminina Hondarribia Bertako Igogailuak, GU Arraun, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola loitarán pola Getxoko X. Ikurriña. 

Este mediodía celebrouse o acto de presentación das regatas de Getxo. Nela estiveron presentes: Álvaro González, concelleiro de Deportes do Concello de Getxo; Elena Zamora, directiva de Getxo Arraun Elkartea; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.

Consulta o dossier da regata

 

Voltar