Novas 2023
COMPETICION
07 Xul 2023
É a vez para Donostia e Zierbena
As dúas primeiras xornadas en augas do País Vasco desputaranse mañá en Donostia e o domingo en Zierbena
Donostia e Zierbena acollerán as xornadas da segunda semana de competición tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren. Logo da estrea na Coruña, as dúas mellores competicións do remo de banco fixo voltarán competir en augas do País Vasco, onde Donostia Arraun Lagunak e Zierbena Bahías de Bizkaia tratarán de manter o seu liderado tras a desputa das xornadas nas súas localidades.
No sábado, desputarase a VII-XV Bandeira Fabrika na espectacular Baía da Concha. As vinte traiñeiras que compiten esta tempada dividiranse en quendas segundo a clasificación xeral despois da desputa da Bandeira Cidade da Coruña. Orio Orialki e Amenabar Donostiarra son as dúas traiñeiras que conseguiron a vitoria en augas donostiarras na tempada pasada.
Os resultados da xornada do sábado servirán para dividir as traiñeiras nas cinco quendas que se desputarán en augas de Zierbena. A localidade biscaína acollerá a cuarta xornada das dúas competicións grazas á desputa da III Bandeira Edinor na categoría feminina, e a XL Bandeira Petronor na competición masculina. Na tempada pasada, igual que en Donostia, Orio Orialki para a categoría feminina e Donostiarra Amenabar para a masculina foron quen conseguiron a vitoria en Zierbena.
Volta da Fan Zone
Esta fin de semana, en ambas xornadas, os afeccionados e aficionadas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren poderán gozar do seu espazo na regata. Por segunda tempada consecutiva, a FAN ZONE estará presente en todas as regatas da tempada. O sábado o espazo reservado para os afeccionados estará ubicado no final do Paseo Novo donostiarra por riba do porto donostiarra, mentres que no domingo ubicarase no porto de Zierbena, concretamente, a carón da pasarela que dá acceso ao campo de regatas.