Novas 2023
COMPETICION
10 Xul 2023
Bilbao comezará a terceira semana de competición
• A regata será contra o reloxo, a única neste formato de toda a tempada.
• As traiñeiras femininas comezarán ás 17:25 horas e as masculinas ás 18:21 horas.
A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren chegarán o vindeiro sábado, 15 de xullo, á ría de Bilbao. Estas regatas serán as únicas que se desputen en formato contra o reloxo ao longo da tempada. Como é habitual, as traiñeiras partirán da saída que se situará frente o Concello, prolongándose o percorrido até Deusto. É dicir, pasarán polos lugares máis emblemáticos da cidade, como a ponte de Zubizuri ou o Museo Guggenheim Bilbao.
A presentación destas bandeiras tivo lugar esta mañá frente o Concello bilbaino, neste acto participaron Itxaso Erroteta, Concelleira de Xuventude e Deportes e Borja Rodrigo, presidente da ACT, canda representantes do remo en Bizkaia.
Pola súa banda, Rodrigo destacou que "é importante porque a Cidade de Bilbao ofrece unha regata tan técnica, espectacular e moi esixente co seu formato de contra o reloxo, e a singularidade que ten lugar na ría, non é só percorrer os lugares máis emblemáticos da cidade, senon tamén dar ese formato de contra reloxo urbano pola capital biscaína".
QUENDAS SEGUNDO A CLASIFICACIÓN
As quendas das dúas regatas que se desputarán o 15 de xullo repartiranse segundo a clasificación, é dicir, na primeira quenda da Liga Euskotren estarán os equipos que ocupan os catro últimos postos da clasificación SD Tirán Pereira, CR Cabo da Cruz, Hibaika Jamones Ancín e Hondarribia Bertako Igogailuak, mentres que na segunda quenda os equipos que ocupan os catro primeiros postos da clasificación, Tolosaldea Arraun Kluba, Nortindal Donostiarra, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak.
No caso da categoría masculina, farano do mesmo xeito. Primeiro competirán Samertolameu Fandicosta, Itsasoko Ama Santurtzi, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez Galanta. Na segunda quenda vogarán Lekittarra Elecnor, Orio Orialki, Cabo e Donostia Amenabar, e rematarán a xornada Getaria, Bermeo Urdaibai, Hondarribia e Zierbena Bahías de Bizkaia.