Novas 2023

COMPETICION

15 Xul 2023

Hondarribia, novo líder tras imporse en Bilbao

Hondarribia, novo líder tras imporse en Bilbao Hondarribia, novo líder tras imporse en Bilbao

Hondarribia foi a máis rápida na XIV Bandeira de Bilbao e superou na clasificación a Zierbena, que foi segunda.

Hondarribia conseguiu o liderado da Liga Eusko Label gañando a súa primeira bandeira da tempada. Se na última xornada empatou a puntos con Zierbena, a vitoria dos biscaínos na Coruña deixou os guipuscoanos ás portas do liderado. Coa vitoria en Bilbao, a Ama Guadalupekoa lidera agora a clasificación xeral da Liga Eusko Label.

Os fronteirizos completaron o campo de regatas nun tempo de 19:26. Zierbena fíxose co segundo posto ao entrar a 3 segundos dos guipuscoanos, mentres que o terceiro clasificado foi Bermeo Urdaibai, a 11 segundos da Ama Guadalupekoa.

Igual que na Liga Euskotren, a cuarta praza da Liga Eusko Label tamén foi decidida por centésimas, e é que a Donostiarra Amenabar parou o reloxo en 19:43:02 e Orio Orialki facíao en 19:43:04. Grazas a esas 2 centésimas o cuarto posto e a possibilidade de vogaren mañá na quenda de honra foi para as donostiarras.

Grazas á vitoria de hoxe, Hondarribia é o novo líder da Liga Eusko Label con 43 puntos, Zierbena sígueo de perto con 42 e Bermeo Urdaibai é terceira con 40 puntos. Na cuarta posición situase a Donostiarra, que pecha a quenda de honra con 29 puntos.
 

Donostia Arraun Lagunak consolida o seu liderado en Bilbao
Donostia Arraun Lagunak impúxose na contra o reloxo de Bilbao. As de Donostia marcaron un tempo de 10:24 minutos na meta e afianzáronse na primeira posición da Liga Euskotren. As guipuscoanas, ademais, bateron o récord de 10:31 que elas mesmas estabeleceron en 2021. A Donostiarra chegou en segundo lugar parando o tempo 3 segundos máis tarde, mentres que Orio Orialki foi terceira a 6 segundos.

A loita pola cuarta praza foi espectacular, decidíndose por centésimas. Hondarribia cun tempo de 10:43:26 superaba a Tolosaldea que parou o cronómetro a 10:43:48. Hibaika tamén estivo nesa pelexa cun tempo de 10:43:96. Cabo foi sétima tras chegar a 24 segundos de Donostia Arraun Lagunak, mentres que SD Tirán Pereira pechou a clasificación a 39 segundos das vencedoras.

Arraun Lagunak lidera a clasificación xeral con 29 puntos, seguido da Donostiarra con 26, Orio é terceira con 25 e Tolosaldea pecha a quenda de honra con 23 puntos. Tirán é colista con 4 puntos.
 


 

 

Voltar