Novas 2014
COMPETICION
10 Xul 2014
O mellor label desembarca en Donostia
A III Bandeira Eusko Label voltará levar este domingo o mellor remo masculino e feminino ás augas da baía donostiarra
Este domingo a Liga San Miguel e a Liga Euskotren voltarán facer navegar as súas tripulacións por un dos escenarios máis peculiares e famosos do mundo do remo: a baía da Concha. A III Bandeira Eusko Label será a encargada de pór nome á quinta xornada da Liga San Miguel, así como á segunda da Liga Euskotren, tendo esta o seu bandeirazo de saída ás 12.00 horas.
No que se refire á proba masculina, que aproximadamente terá o seu inicio a partir das 12.30 horas, as balizas interiores estará situadas xunto á Cruz Vermella, tendo que percorrer tres millas náuticas en catro longos. A orde das quendas, tal e como ocorre nas xornadas de domingo, virá marcado polos resultados da IX Bandeira Marina de Cudeyo – GP Dynasol do sábado. Da parte feminina, na Liga Euskotren, decidirase cales serán as tres tripulacións que vogarán no resto de xornadas xunto a Zumaia. Cómpre lembrar que, para estas prazas, hai un total de sete candidatas e agárdase que a loita sexa moi pechada entre todas elas.
Até a presentación, celebrada esta mañá no Aquarium de Donostia, achegáronse o presidente da ACT, Pedro Andueza; Vicente Zaragüeta, presidente do Aquarium; e Germán Intxausti, representante do club San Juan, organizador da proba. E ambos coinciron na igualdade prevista para as dúas competicións entre todos os clubs e quixeron convidar a todo o mundo a se achegar ao peirao donostiarra a