Novas 2018

ESPECIAL

13 Xul 2018

Unha bandeira de estrena na ACT

Unha bandeira de estrena na ACT
A XI Bandeira Donostiarra Kaiarriba-Amenabar foi presentada esta mañá no Restaurante Bokado
 

Donostiarra  estréase este ano na elite do remo e vai organizar por primeira vez na máxima categoría a XI Bandeira Donostiarra Kaiarriba-Amenabar. Até o de agora, a ACT tiña organizado en San Sebastián a Bandeira Telefónica, a Bandeira Eusko Label ou a Bandeira Giroa Veolia na que no ano pasado se impuxo Orio Babyauto, pero agora será o club guipuscoano quen agarre o temón.

As primeiras embarcacións en vogaren serán as da Liga Euskotren, que partirán da Baía da Concha ás 18:00 horas e competirán con un formato de dous longos e unha ceavoga. Posteriormente será a vez das traiñeiras da Eusko Label Liga, que se repartirán en 3 quendas e a regata contará con 4 longos e 3 ceavogas. A orde de saída será en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga. Un encontro que terá a Fan Zone situada no Paseo Novo, onde unha vez rematada a regata, actuará a colla de Castellers de Vilafranca do Penedés

Até o de agora a Bandeira Donostiarra Kaiarriba-Amenabar desputárase na ARC 1Kaiku Producha ostenta o mellor rexistro con un tempo de 19’36”34, realizado na primeira edición da bandeira no ano 2008. Dende aquela, Getaria foi o club que máis veces levou a Bandeira Donostiarra Kaiarriba-Amenabar, erguéndoa en tres ocasións. O ano pasado a victoria foi para o club da capital de Gipuzkoa.

Na presentación que tivo lugar no Bokado donostiarra esta mañá estiveron presentes: Alberto López, presidente do club Donostiarra Kaiarriba-Amenabar; Martin Ibabe, concelleira de Deportes do Concello de San Sebastián e José Manuel Amantegui, director xeral de Amenabar-Promociones.  Tamén estiveron presentes Iñigo Aristegui, autor dos premios para a primeira traiñeira masculina e feminina e Ane Eskisabel e Patxi Vicuña, da Peña Portaletas, que presentaron o premio ao mellor e á mellor proeira na segunda ceavoga.

Voltar