Novas 2018
ESPECIAL
17 Xul 2018
A navegar a moita altura
Toni Bach, cap de colla dos Castellers de Vilafranca, protagoniza un novo capítulo de Eusko Label Liga Por Dentro
Este sábado puidemos vivir no Paseo Novo de Donostia unha imaxe pouco habitual. Da man dos Castellers de Vilafranca, coñecemos en primeira persoa a espectacularidade das formacións de torres humanas, ou no seu nome propio, os castells. Entre eles estaba Toni Bach, o cap de colla (responsábel do grupo), que foi un dos artífices desta aventura na Fan Zone da Eusko Label Liga.
Un Bach ao que non apaña de novo isto do mundo do remo. Xa que é un apaixonado deste deporte, disciplina que practica en Lloret de Mar. E como nos confesa, un amante do mundo das traiñeiras, tratando de transmitir aos ‘verds’ todos os valores do remo. Daí que quixese traer os seus a coñeceren a máxima competición de preto e, de paso, facer partícipes a todos os afeccionados do mundo do remo da súa outra grande paixón: os castells
Non perdas esta nova historia da Eusko Label Liga por Dentro!