Novas 2016

ESPECIAL

28 Xu˜ 2016

A Liga San Miguel volve a Astillero

A Liga San Miguel volve a Astillero

Esta mañá celebrouse a presentación da XV Bandeira Real Astillero de Guarnizo – XL GP Ayto. de Astillero no Concello cántabro

A ría de Astillero será a encargada de dar o arranque definitivo á Liga San Miguel, onde as 12 embarcacións se enfrentarán a unha contra o reloxo individual a tres millas náuticas con catro longos e tres ceavogas. Unha das principais novidades desta XV Bandeira Real Astillero de Guarnizo – XL GP Ayuntamiento de Astillero será que comezará ás 17.30 horas, media hora antes do habitual. A composición das quendas virá definida en base á clasificación xeral da regata inaugural.

A presentación desta segunda batalla pola Coroa CaixaBank tivo lugar no Concello de Astillero. O acto estivo presidido por Francisco Ortiz Uriarte, alcalde do Concello de Astillero, Salomón Martín Avendaño, teniente alcalde e Elisabet Carral, presidenta de S.D. Astillero. Todos quixeron facer un chamamento á afición para que se acheguen a un encontro moi especial para os astillerenses, xa que este ano celebran as vodas de ouro da fundación do club.

Voltar