Novas 2016
ESPECIAL
06 Xul 2016
Un momento soñado
No novo capítulo de ‘Liga San Miguel por dentro’ coñeceremos o cocktail de sensacións e emocións que experimenta un remeiro debutante
Nervios, vontade, ambición, serenidade… Unha mestura de emocións que se xuntan nun só momento, no bandeirazo de saída, o momento que marca o inicio da regata. Traballan moitos anos para ver o seu soño cumprido, nada máis e nada menos que debutar na traiñeira que viron vogar durante anos entre os máis grandes.
Nesta nova edición da Liga San Miguel, moitos teñen o pracer de debutaren na máxima competición do remo, e hoxe eles serán os protagonistas. Especial é o caso de Manuel Abeijón, integrante de Cabo, xa que é o remeiro máis novo da competición e o domingo, na XXXIII. Bandeira Petronor, tivo a oportunidade de remar entre os mellores.
Porén, non foi o único remeiro en ver o seu soño feito realidade nestas tres xornadas. Galder Ezponda e Bikendi Alza, remeiros de NT2 Hondarribia debutaron ao grande no pasado sábado, conseguindo a XV Bandeira Real Astillero de Guarnizo-XL GP Ayto. de Astillero. Mais tamén houbo outros remeiros que debutaron, como, Unai Lizarralde de Orio Babyauto; Zunbeltz Pérez, de Kaiku Producha; Raul Couso, Pablo García e Yonathan Fontela, de Tirán Pereira; Jon Abascal, Gorka Lobato e Jon Ander Bayón, de Portugalete Eulen; Igor Francés, Asier Tena e Jon Badiola, de Zumaia; Ignacio Fernández de Zierbena Bahías de Bizkaia; Oscar Martínez e Alfonso Lanza, de Astillero; Alexander Lestón, Anxo Martínez, Diego Suárez de Cabo; e Carlos Miguez, Josu Beristain, Ibai González e Imanol Muñoz de San Pedro.
Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel por dentro’, alguns destes debutantes cóntannos como é a experiencia do debut na Liga San Miguel.