Novas 2016

COMPETICION

06 Xul 2016

Loita aberta frente ao crono en Orio

Loita aberta frente ao crono en Orio

Esta mañá presentouse na localidade guipuscoana a XXVI. Orioko Estropadak – IV. Orio Kapina Bandera

O sábado a partir das 18:30 horas, a localidade guipuscoana de Orio dará a benvida a 20 traiñeiras. Para alén das 12 participantes da Liga San Miguel, tamén estarán as oito embarcacións da Liga Euskotren que buscarán facerse un oco canda San Juan Iberdrola para vogaren na máxima competición. Ambas regatas desputaranse en formato de contra o reloxo, no caso da regata masculina, percorrerán unha distancia de tres millas náuticas, con tres ceavogas e catro longos no río Oria. As balizas de saída e chegada estarán colocadas frente á praza da vila. A regata masculina, na que se porá en xogo a Orioko XXVI. Estropadak – IV. Orio Kanpina Bandera, desputarase en tres quendas, coas tripulacións tomando a saída minuto a minuto.

As quendas comporanse seguindo a clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda sairán Zumaia, San Pedro, Portugalete Eulen e Tirán Pereira; Zierbena Bahías de Bizkaia, Orio Babyauto, Cabo e Astillero farano na segunda quenda; mentres que na quenda de honra será o turno para San Juan Ibedrola, Kaiku Producha, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

No caso da regata feminina, as oito embarcacións tomarán a saída ás 18.30 horas na procura da IV. Orioko Kanpina Bandera tamén en formato contra o reloxo con un percorrido de unha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. Até este encontro achegaranse Arraun Lagunak – Donostiako Berdintasuna, Cabo, Getaria-Zarautz, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Hibaika Jamones Ancín, NT2 Hondarribia, Orio Babyauto e as vixentes campioas de San Juan Iberdrola.

Á presentación desta mañá acudiron José Ángel Zaldua, alcalde de Orio; e Ibon Huegun, presidente de Orio Babyauto. Ambos animaron a afección a achegárense a esta nova e apaixonante xornada da Liga San Miguel, así como ao debut da Liga Euskotren
 

Voltar