Novas 2018

ESPECIAL

04 Xul 2018

Cuádrupla ración na Coruña

Cuádrupla ración na Coruña

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren desembarcan esta fin de semana na Coruña para a desputa dunha dobre xornada

Esta mañá tivo lugar na Praia de Riazor o acto de presentación da II Bandeira Cidade da Coruña, que copará na fin de semana toda a atención do mundo do remo xa que a Eusko Label Liga e máis a Liga Euskotren desembarcarán de forma conxunta sábado ás 18.00 horas e domingo ás 11.45 horas. Un total de 16 embarcacións desputarán durante as dúas xornadas da Bandeira Cidade da Coruña. As embarcacións masculinas terán que percorrer unha distancia de tres millas náuticas, divididas en catro longos. Coas balizas interiores situadas dentro da baía, as traiñeiras terán que remar mar adentro á procura das balizas exteriores nun cabo de regata que o ano pasado brindou imaxes espectaculares entre o vento e as ondas. Pola súa banda, as embarcacións femininas cubrirán unha milla náutica en dous longos e será a primeira vez que as catro clasificadas se vexan cara a cara nesta nova era da Liga Euskotren. Até A Coruña desprazaranse San Juan Iberdrola, Orio Babyauto, GU Arraun e Hondarribia Bertako Igogailuak.

A disposición das quendas para a xornada do sábado farase en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga. Deste xeito, na primeira quenda estarán Kaiku Producha, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e San Pedro. Na segunda, Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Orio Babyauto. E na quenda de honra, Santurtzi Iberdrola, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia. Para domingo, as quendas comporanse en base ao resultado do sábado.

Esta mañá tivo lugar a presentación da proba do sábado na Praia de Riazor, concretamente no Espigón das Escravas. Alí estivo Alberto Lema, concelleiro de turismo do Concello da Coruña; Lanzada Calatayud, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña; e Mario Vidal, directivo da ACT.

Consulta dossier da regata

Voltar