Novas 2023
COMPETICION
06 Xul 2023
Zierbena presenta as bandeiras Petronor e Edinor
Zierbenako Arraun Elkarteak presentou onte as bandeiras das dúas regatas que se desputarán o vindeiro domingo en augas de Zierbena: a XL Bandeira Petronor, masculina, e a III Bandeira Edinor, feminina.
José Ignacio Zudaire, adxunto ao CEO de Petronor, quixo subliñar o significado de corenta anos de apoio continuado á iniciativa de Arraun Elkartea: "queremos ser bos veciños e colaborar con aquelas accións que os propios veciños consideran importantes. E a regata é, sen dúbida, unha delas". Con todo, Zudaire engadiu que "sendo estimábel a colaboración económica, éo aínda máis o esforzo do club de remo de Zierbena, de todos os seus asociados e dos afeccionados locais en xeral, máxime nun tempo no que o voluntariado e o compromiso social non parecen ser valores á alza".
Pola súa banda, Juan Diego, conselleiro delegado de Edinor, valorou positivamente a colaboración iniciada hai tres anos con Arraun Elkartea, "a raíz da posta en marcha da primeira instalación de autoxeración de enerxía para cincuenta familias de Zierbena". E informou da súa continuidade, "na medida en que, en breve, a instalación ampliarase a practicamente todo o territorio municipal".
Finalmente, José Luis Herrerías "Txito", presidente de Zierbenako Arraun Elkartea, congratulouse de que, contra vento e marea, "Zierbena puido ser durante catro décadas copartícipe do desenvolvemento do remo vasco, e pechou a presentación Eugenio Mendikote, alcalde da vila "galipa", con sentidas palabras de agradecemento tanto á organización como aos patrocinadores, facendo votos para que esta exitosa relación de corenta anos poida ter continuidade outros tantos.
Foto: Zierbena Arraun Elkartea | Petronor