Novas 2015

ESPECIAL

18 Mai 2015

O control sobre a forma física

O control sobre a forma física

Rafa González de Txabarri, preparador físico de San Pedro Ecolmare, explícanos a utilidade destas probas de resistencia para o día a día dos clubs
 

Os clubs de remo alternan os adestramentos no mar con adestramentos no ximnasio utilizando ergómetros e máquinas de ximnasio. Á marxe destes adestramentos, os remeiros sométense de cando en vez a diferentes probas para medir as cualidades físicas de cada deportista, como poden ser a flexibilidade, forza, resistencia... Estas probas realízanse cada 4, 5 ou 6 semanas, dependendo dos ciclos que se marcara o equipo e mídese a potencia e a forza máxima que moven os remeiros, sempre compaxinándoas coas probas na auga, dentro da traíña. As probas nas que nos centramos desta vez serven para levar o control da capacidade de resistencia do remeiro. Os obxectivos destes exercicios son, por unha banda ver se se cumpliron os obxectivos marcados no ciclo anterior e por outra banda, pór prazos para os ciclos seguintes que sirven para marcar as intensidades de adestramento e especificar para cada remeiro o traballo a realizar.

Os remeiros practican nos ergómetros aumentando os niveis de intensidade progresivamente. Nestas probas de resistencia entra en xogo unha substancia denominada lactato, que aparece na musculatura cando esta se fatiga. Despois de rematar cada nivel de intensidade no ergómetro, mídense os niveis desta substancia analizando unha pinga de sangue tirada da orella. Expór os remeiros a estas probas de resistencia dá información obxectiva aos adestradores sobre o nivel de resposta ao esforzo, o ritmo cardíaco e a recuperación, que poden ser importantes á hora de que un remeiro entre ou non a remar durante a competición.

Voltar