Novas 2015
ESPECIAL
23 Xu˜ 2015
A III Bandeira Euskadi Basque Country inundará Málaga
A cidade malagueña acollerá entre o 26, 27 e 28 de xuño un sinfín de actividades culturais, gastronómicas e musicais con motivo da chegada das traíñas
Deporte, música, gastronomía, danza… E todo isto acompañado de verán e bo ambiente. Eses son algúns dos ingredientes que comporán o inicio da Liga San Miguel de traíñas en Málaga. E é que deste vernes 26 de xuño até o domingo 28 de xuño, entre o Muelle Uno e o Paseo da Farola instalarase o village da Liga San Miguel onde se desenvolverán un sinfín de actividades con motivo da desputa o domingo ás 12.00 horas da III Bandeira Euskadi Basque Country, primeira proba do calendario da Liga San Miguel de traíñas e que chega por primeira vez a Málaga.
O programa comezará a última hora do venres, e é que ás 21.00 horas arrincará un triki poteo polas rúas da zona histórica de Málaga e que, ao ritmo de trikitixa e pandeiro, percorrerá diferentes bares. O sábado, ás 12.30 horas na Praza da Constitución farase a inauguración oficial do fin de semana de remo e estará amenizada polo grupo de danza Aukeran. Inmediatamente despois, neste mesmo punto, realizarase unha exhibición de deporte rural con aizkolaris (cortadores de troncos) e harrijasotzailes (levantadotes de pedras) que se repetirá tamén ás 20.00 horas no Muelle Uno. Ao longo de toda a xornada, na praia de La Malagueta haberá saídas gratuítas de Stand Up Paddle da man de Surfing Euskadi.
Entrando o lusco fusco, San Miguel porá a nota musical con un pequeno festival no escenario que instalará entre o Muello Uno e o Paseo de La Farola. Este, que comezará ás 21.00 horas, terá como protagonistas o grupo malagueño Stone Pillow e a un dos referentes do panorama musical independiente: We Are Standard. Durante toda a xornada haberá txalaparta, bailes vascos, exhibicións de diferentes disciplinas de surf, ademais dunha competición popular de ergómetros e degustacións gastronómicas dos mellores produtos vascos na mesma zona lúdica. Cómpre sinalar que as barras e grellas instaladas entre o Muelle Uno e o Paseo da Farola permanecerán abertas desde as 11.00 horas e até as 22.00 horas.
Xa o domingo, a partir das 12.00 horas, chegará o prato forte do fin de semana coa disputa da primeira xornada da Liga San Miguel. Unha competición que chega por primeira vez a Málaga e na que as embarcacións loitarán por se facer coa prezada III Bandeira Euskadi-Basque Country. O campo de regateo estará situado na praia de La Malagueta, e a regata será retransmitida en directo tanto por ETB, TVG e 101 TV Málaga. A xornada continuará con diferentes actos lúdicos e culturais, con unha nova exhibición de deporte rural, saídas de SUP ou a pinchada de We Are Not DJ’s desde as 15.30 horas no escenario San Miguel. Ao igual que o sábado, as grellas e barras estarán abertas durante todo o día.