Novas 2016
ESPECIAL
27 Xul 2016
A arte de balizar un campo de regatas
Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel Por Dentro’ coñecemos de perto como se lle dá forma aos acotados
Oras e precisión. Dous dos conceptos que predominan nunha das tarefas máis importantes para a celebración de calquera regata: a balizaxe. Un traballo que se realiza horas antes da desputa de calquera xornada da Liga San Miguel e que esixe dunha precisión centimétrica para o bo transcurso da proba. A diferenza do que ocorre en outros deportes, neste caso, o acotado do xogo móntase e desmóntase dun día para outro, trasladándose canda o resto de elementos que habitualmente acompañan a Liga San Miguel. Isto, sumado aos diferentes factores imprevisíbeis que acompañan un contorno natural como o mar, fan que o labor de balizaxe dos campos de regatas sexan vitais e dunha complexidade total.
Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel Por Dentro’ coñecemos da man de Ecocean, un dos dous equipos profesionais de balizaxe que este ano se encargan de dar forma aos campos de regata, en qué consiste o traballo da balizaxe.