Novas 2016
ESPECIAL
05 Dec 2016
Toda a emoción do remo nun taboleiro
'Estropadak' é un novidoso xogo de mesa sobre as regatas de traiñeiras que pon a proba a nosa habilidade e capacidade de estratexia
Imaxinas poder sentir toda a emoción das regatas nun taboleiro de mesa? Ter que remar frente o vento, as ondas, o cansanzo ou un mal carreiro ao pé dos teus amigos e sen teres que te mover da cadeira? Isto é o que preparou a empresa guipuscoana 'Ezberdin' co seu novidoso xogo de mesa ‘Estropadak’. Un xogo didáctico que nos introduce no mundo das regatas de traiñeiras e que nos amosa que elementos e factores cómpre ter en conta nesta competición, pondo a proba a nosa habilidade e capacidade de estratexia. Ademais o xogo tamén trae consigo un ingrediente histórico, explicándonos a orixe das traiñeiras.
O taboleiro consta de catro carreiros. Antes de dar inicio á partida, e como acontece nas regatas, realízase o sorteo de carreiros. Evidentemente, dentro do taboleiro hai carreiros bos e outros non tan bos. Así que se realiza o sorteo de carreiros, as traiñeiras sitúanse na casa de saída e gaña a primeira embarcación que acada a meta. Entre a casa de saída e a de chegada hai 42 casas numeradas. Algunhas delas son especiais, quere dicir, se caemos sobre elas inflúe no xogo. Estas poden obrigar ao xogador a esperar unha ou dúas quendas, retroceder unha casa ou avanzar tres. Entre estas casas especiais están as de remo roto, vento de costado ou incluso a caída dun remeiro á auga.
Ademais, o elemento principal co que se xoga, e que é o que vai marcando os avanzos, é unha ruleta que ten diferentes iconos. Uns iconos que simbolizan o ritmo do patrón, vento norte, onda, mar en calma, mar groso ou esforzo de remeiro. Estes elementos teñen diferente valor en función de se a traiñeira está nun longo ou en outro. Ao gañador de cada regata outórgaselle unha bandeira, poñéndose en xogo un total de seis regatas. O que máis bandeiras consiga nas seis regatas é o vencedor final.
Un xogo que está disponíbel tanto en castelán como en euskera e que podes conseguir dende xa por 15,95€ escribíndonos a gestion@ligasanmiguel.com. Además, desde el viernes 16 de diciembre, comprando el juego desde la página www.ezberdin.eu e introduciendo el código ACT, obtendrás un descuento del 10% en tu compra.