Novas 2013

ENTREVISTAS

13 Xu˜ 2013

" A REGATA DE BARCELONA ACLARARÁ ONDE E COMO ESTÁ CADA TRAIÑA"

" A REGATA DE BARCELONA ACLARARÁ ONDE E COMO ESTÁ CADA TRAIÑA"

Gentza Zubiri, remeiro de Kaiku-Ambilamp

A praia que une Plentzia e Gorliz está valeira. O tempo é de outono, en vésperas do verán, pero Gentza Zubiri está fino (Gorliz, Bizkaia, 26 anos), preparado para o verán remeiro, con 79 quilos. A web www.ligasanmiguel.com acode ao remeiro de Kaiku-Ambilamp, actual campión, para saber como se presenta a tempada, a un par de días de que a Liga San Miguel comece en Barcelona.

 

A tempada está a piques de comezar, pero vós levades meses coa preparación. Como foi, onde estades, con que obxectivo?

Comezamos en novembro, fai contas. Eu comecei con 86 quilos e agora estou con 79. Temos traballado duro. Quizáis ese traballo non se teña notado en bateis e traiñeiriñas, mais de cara á traíña grande fixemos un bo traballo. O obxectivo, claro, é gañar a Liga San Miguel, pero a sensación é que gañala por terceira vez consecutiva non vai ser doado.

 

Dixeches que estás no teu peso, tiveches os teus máis e os teus menos nese aspecto.

Sobre todo o primeiro ano. Cando comecei con Kaiku pesaba 90 quilos, e ao remate da tempada 76. Imaxina como fica o corpo. Nos anos posteriores afaste á dinámica, e a preparación é máis sinxela.

 

Quien é Gentza Zubiri?

Pois un crío normal que até os 9 anos viviu en Bilbao, despois en Plentzia, onde os estudos non lle foron moi ben, e sen ter moito que facer, probou no remo en Arkote. Andivemos ben, pero eramos mozos, moitas tentacións, e pasei uns 8 anos lonxe do remo. Un día chamáronme de Kaiku, para ver se me animaba a remar con eles. Coñecía a Pedro Mari Abanto, que entrou na directiva do club. Consulteino na casa e dixéronme que era unha oportunidade que non podía deixar pasar. Cando comecei en Kaiku estaba na ARC-1, gañando todo, e alá me fun. Por probar, aínda que sexa. Non tiña moita fe, pero aí sigo. O primeiro ano foi moi duro, mais o ambiente era bo, e eu tamén tiña unha espiña espetada por como deixara o remo. Sabía que tiña capacidade para o facer ben, e quería probar.

É o teu 5º ano en Kaiku, todos con Korta, e mirando os números, está claro que tes a súa confianza. Nas dúas últimas tempadas foches 10 e 12 veces titular, respectivamente.

É un bo dato. A Korta non lle gusta poñerme en dúas regatas seguidas, alterno sábado traíña e domingo descanso, ou viceversa. Hai poucos remeiros que remen os dous días, faino a xente grande.

 

Que tal con Korta?

Ben. Korta pide, e eu doulle o que podo. El coñéceme ben, os meus límites, pero tamén que non vou gardar nin un gramo de forza. No remo a cabeza fai moito, hai xente que se bloquea co cansanzo, eu nese aspecto non teño problemas. Korta é o noso adestrador, e hai que aceptar o que decide. O trato que teño con el é de amigo a amigo, co tempo aprendes até onde o podes vacilar, e tanto el coma nós soltamos a tensión acumulada nos adestramentos. Por iso é bonito este deporte, porque nun par de horas esqueces os problemas cotidianos.

 

Kaiku-Ambilamp venceu as dúas últimas ligas, e todo o mundo mira para vós. Que opinión che merece?

Que non ha ser doado. Creo que o nivel é parecido ao da tempada pasada, e os demais clubs fixeron fichaxes importantes. Alguén subirá o nivel un pouco, outro baixarao, pero iso non se pode saber agora. Hai moitos factores que influen: a sorte, o mar, a confianza na remada…

 

Sería impresionante gañar a liga por terceira vez consecutiva, non si?

Eu nunca me vexo a min mesmo como favorito. Quizáis si que estamos entre os favoritos, pero non somos os únicos. Nos anos que levo remando, moi poucas veces me vin como vencedor seguro. Non hai rival pequeno, e quen se autodefina como claro favorito pode levar un bo golpe. Que estaremos na 1ª quenda case seguro? Si. Que vamos a gañar a Liga… A xente quere gañarnos, hai que ser cauto. Os comezos da Liga adoitan ser incertos, e a deste ano tamén, co comezo de Barcelona.

 

Quen vai ser o voso rival máis perigoso?

Mira como andivemos con Hondarribia-Orsa a tempada pasada, nun par de segundos en moitas regatas. Iso non é nada. Tirán-Pereira tamén fixo boas regatas, e Bermeo Urdaibai Umpro Avia tamén vai dar guerra. Coidado coas guipuzcoanas, as dúas de Pasaia e Orio-Babyauto. A primeira regata clasificará moitas cousas, xa que até que comeza a tempada ninguén amosa as súas armas. Despois comezarán os movementos de xadrez dos distintos adestradores, cos trocos, os picos de forma…

 

Comezar en Barcelona provócavos nerviosismo?

Non, a auga é a mesma aquí en Plentzia ou en Barcelona. Máis dura ou máis suave pero a mesma.

 

Kaiku-Ambilamp ten catro baixas, e subiu a seis mozos da canteira. A única fichaxe de sona é Asier Zurinaga. Que barco tendes?

Pois o que saiu. Que o patrón sexa da canteira dá moito xogo para os que estamos no barco. Os que soben veñen da ARC-1, e desa categoría á ACT hai un bo chimbo, a esixencia é ben maior.

 

E as baixas que, son importantes ou non?

Sempre, pero ninguén é imprescindíbel, salvo algunhas excepcións. Eu ía de Plentzia a Sestao con Beñat Astelarra, que o deixou, e agora vou só. Foi duro adaptarme, pero non hai outra.

 

Que di a xente de Sestao, que pide?

Penso que están contentos. Claro, din que hai que gañar isto e mais aquilo, pero isto non son matemáticas, unha ciencia exacta.

Voltar