Novas 2013

ENTREVISTAS

20 Ago 2013

"IMOS SUBINDO CHANZOS, O ANO QUE VÉN ESPERAMOS ESTAR COS MELLORES"

"IMOS SUBINDO CHANZOS, O ANO QUE VÉN ESPERAMOS ESTAR COS MELLORES"

Juan Antonio Espinazo, remeiro de Portugalete Eulen

Non hai ningún remeiro máis veterano que Juan Antonio Espinazo na Liga San Miguel (Portugalete, 48 anos). É un home de club, toda a vida en Portu, e na Jarrillera. Este ano remando na traíña, porque ten a confianza do adestradorJosean Olaskoaga, pero disposto a axudar no que sexa. Móstrase conforme coa tempada de Portugalete, e ve o futuro con optimismo: “o ano que vén a Jarrillera vogará ao pé dos mellores”.

 

Na túa ficha pon que tes 48 anos, Juan. Poderías explicar a túa traxectoria?

Son un remeiro veterano de Portu que comezou a remar no ano 1980 en cadetes, no 85 fixo a mili, volvín e desde entón pois aí sigo, no club. Unhas veces remando, outras botando unha man no club… O que faga falta.

 

Este ano outra vez dentro da traíña, resulta chamativo.

Si, levaba dous anos sen remar, entrou xente nova, pero a principios de tempada Josean comentoume a posibilidade de remar outra vez (Josean Olaskoaga Aizperro, adestrador de Portugalete), e non o dubidei nin un segundo, boteime de cabeza. É verdade que xa teño unha idade que che fai reflexionar, pero mentres o médico e o preparador físico me digan que non hai problema, para adiante. A verdade é que marchar, non me marchei nunca.  Seguín adestrando, coa escola dos xuvenís… Mantívenme en activo sempre.

 

Hai alguén máis veterano ca ti na Liga San Miguel?

Creo que Vicuña, o de Castro, é da miña idade, pero moitos non hai. É certo que con 48 anos quizáis o normal é pensar en outras cousas, a vida ten os seus ciclos, pero eu teño unha relación moi estreita coa Jarrillera, e remar con 48 anos, que Josean Olaskoaga me dea esa confianza, para min é moi importante. Levo moitos anos aquí, e non podo vivir sen ter relación co club. Facendo o que sexa, pero o club é moi importante para min. Imaxino que cando deixe de remar seguirei vinculado ao club de algunha maneira.

 

Que tal é a relación cos demais remeiros, sobre todo cos máis novos?

Boa. Saben que a miña experiencia é moi ampla e respéitanme e aprézanme. Haberá quen pense que son vello para isto, pero ben, quizáis non lle falta razón. Polo menos non me arrepinto de terme tirado á piscina.

 

Imos co tema deportivo. A tempada está tocando ao seu fin, o obxectivo de Portugalete Eulen era tentar remar na quenda de honra da Liga San Miguel, pero parece que ese reto está un pouco afastado. Que balanzo fas da tempada?

Eu penso que o balanzo é positivo. É certo que o obxectivo inicial era remar na quenda de honra, ao lado das mellores, pero Hondarribia Orsa foise definitivamente, e agora toca asegurar o 5º posto porque os perseguidores están perto.

 

Hai clubs que estando máis ou menos á par que vós, como Hondarribia Orsa ou Tirán Pereira, gañaron bandeiras. Porque non as gañou Portugalete Eulen?

Porque é moi complicado. En algunhas regatas estivemos perto, como en Zumaia, que fomos segundos, ou en Zarautz, pero faltounos ese puntiño para levar algunha bandeira.

 

Como ves o tema dos cupos?

Eu penso que non nos afectou, e que o rendimento foi parecido nas regatas nas que había cupos e nas que non. No campionato de Biscaia estivemos perto de Kaiku Ambilamp, e creo que na Liga San Miguel tampouco estivemos lonxe.

 

O que está claro é que a Jarrillera vai mellorando ano a ano, e que cada vez estades máis perto dos mellores. Es da mesma opinión?

Así o din os números. Este ano conseguimos o dobre de puntos que conseguimos a tempada pasada, e iso é unha mellora moi importante. O ano que vén será o cuarto ano desde que comezou este proxecto, e debería ser a tempada na que Portugalete debera asentarse na elite. Seremos un plantel máis completa, porque haberá máis remeiros que serán propios, e ese empurrón debera ser suficiente para pelexarnos cos mellores no 2014.

 

Estarás ti nese bote?

Non creo. Ten en conta que para daquela terei 49 anos, e haberá que deixar sitio aos que veñen puxando. Até aquí chegamos, coa cabeza ben alta. Seguirei vindo ao club, axudando no que sexa necesario, e animando á Jarrilerra dende a beira.

Voltar