Novas 2013

ENTREVISTAS

02 Set 2013

"FOMOS OS MELLORES NA LIGA ARC, PERO CÓMPRE REMATAR NAS DÚAS REGATAS CHAVE QUE FICAN"

"FOMOS OS MELLORES NA LIGA ARC, PERO CÓMPRE REMATAR NAS DÚAS REGATAS CHAVE QUE FICAN"

Vicente Carpintero, patrón de Zierbena-Bahías de Bizkaia

Vicente Carpintero conta os días para que cheguen as regatas do play-off (Trapagaran, 35 anos). Cre que estas dúas semanas se lle van facer un pouco longas, pero que o descanso vén ben. Está confiado, pensa que Zierbena é firme candidata a conseguir  o ascenso á ACT, aínda que ten claro que as rivais darán guerra. Opina, aínda con todo, que o rival máis perigoso é a propia Zierbena.

 

Como está de animo o patrón de Zierbena-Bahías de Bizkaia?

Estamos tranquilos, preparando o play-off. Gañamos a Liga ARC, gañamos bastantes regatas e estamos confiados, pero haberá que pelexalo.

 

Todo o mundo fala de que o tendes feito. Dominastes con suficiencia na Liga, na clasificatoria da Concha tamén fostes a mellor embarcación de entre quen ides participar no play-off. É bo ese favoritismo?

Eu doulle a importancia xusta. Vin na Liga ARC que a Lekittarra demostrou ter capacidade para vencérennos, observo que Zumaia está curtida en mil batallas, e das galegas non sei moi ben que opinar, porque non tivemos enfrentamentos directos.

 

O sucedido na clasificatoria da Concha é boa referencia ou non?

Máis ben non, porque non sei con que intención vogaron as rivais. Pode que remaran con algúns suplentes, ou con intención de probar algunhas cousas… Non se pode dicir que por lles gañarmos na Concha vaiamos gañarlles o play-off con certeza.

 

Preocúpache especialmente algún rival?

Non, eu fíxome no noso, no noso traballo, porque penso que se facemos o que fixemos ao longo da tempada, seremos unha das dúas primeiras. Sempre pode haber algún fallo, algún imprevisto, pero penso que a propia Zierbena é o noso maior rival. Fomos os mellores na Liga ARC, pero agora fican as dúas regatas chave, as máis importantes, e hai que rematar o traballo de todo o ano en Bermeo e Portugalete.

 

E como ves esas dúas regatas? Unha en mar aberto e outra na ría con mareas e correntes.

Ben, está claro que a primeira é máis importante que a segunda. Certo é que tes que facer bo papel nas dúas, pero se vences en Bermeo, é difícil perder esa posición. A ría ten a súa influencia, si, pero todos as traíñas remamos polo mesmo carreiro en contra o reloxo, polo que a influencia das correntes é menor.

 

Ti coñeces as dúas categorías. Zierbena estivo un ano na elite, pero perdeu a categoría. Hai moita diferenza entre a ARC e a ACT?

As dúas ligas teñen os seus pros e os seus contras. A min gustaríame voltar á Liga San Miguel para completar un ano sen sobresaltos. O ano que estivemos non soubemos a ciencia certa se iamos estar até marzo, comezamos con mal pé na casa, e toda a tempada remamos contra a corrente, sen poder fuxir da cola. Este ano viñeron catro ou cinco reforzos, e o rendemento foi moito mellor. Penso que con este plantel non se tería perdido a categoría o ano pasado, e gustaríame comprobalo in situ no 2014.

 

Como ves un escenario no que Zierbena non consiga praza de ascenso? Supoño que sería un golpe duro para ti, e para o club, non é?

Sería, si. Non sei se empregar a palabra fracaso sería correcto de todo, pero despois de estar toda a tempada aí arriba non rematar a faena sería duro. De todos os xeitos, eu penso en positivo, e na miña cabeza non existe ese escenario.

Voltar