Novas 2014

COMPETICION

14 Feb 2014

O mundo do remo mira cara Orio

O mundo do remo mira cara Orio

Máis de mil deportistas cítanse mañá en Orio para disputar a XX edición do descenso de Orio e no que se porá en xogo a Ikurrina Babybauto

Orio acollerá mañá a partir das 16.00 horas posibelmente o que estea considerado como o descenso máis importante da tempada. Até a localidade oriotarra desprazaranse máis de 1000 remeiros repartidos en 79 embarcacións, da cales 77 serán traíñas. Completarán esta cifra un llagut català e un llaüt do Mediterráneo, chegando estes últimos de Mataró e de Badalona.

Na categoría absoluta  haberá unha case total participación das embarcacións da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. E é que mañá, en categoría masculina, estarán cubrindo os 6000 metros que separan Mapil da ponte de Orio un total de nove clubs da Liga San Miguel. Da parte guipuscoana, Orio Babyabuto, Hondarribia Orsa, San Juan Iberdrola e San Pedro Ecolmare; Portugalete Eulen, Kaiku Ambilamp, Zierbena Bahías de Bizkaia e Urdaibai Umpro Avia serán os representantes biscaínos; mentres que de Cantabria acudirá SDR Astillero.

En féminas, tamén entrarán en liza as últimas catro embarcacións participantes da Liga Euskotren. Salientando especialmente a presenza da vixente campioa, Zumaia Salegi Jatetxea, que aproveitará o descenso de Orio para deixarse ver por primeira vez no que vai de ano nun descenso. Polo tanto, unha grande festa do remo a que se vivirá mañá en Orio e que servirá para que os equipos calibren forzas. 

Voltar