Novas 2014

COMPETICION

03 Xul 2014

Bueu estréase coa Liga San Miguel

Bueu estréase coa Liga San Miguel

Este domingo a partir das 12.00 horas a localidade pontevedresa porá en xogo a primeira Bandeira Concello de Bueu

A localidade pontevedresa de Bueu será a encargada de pechar este domingo a primeira incursión da Liga San Miguel en augas galegas. Un municipio até o de agora descoñecido para a máxima competición das traíñas e que este ano, por primeira vez, porá en xogo a Bandeira Concello de Bueu. Esta terceira xornada terá o seu bandeirazo de saída, polo tanto, o domingo ás 12.00 horas en plena Ría de Pontevedra e deixará ao costado lugares emblemáticos de Bueu como a Praia Loureiro ou a Praia de Agrelo, así como a Punta Petis ou a Punta Pescadoiro. Tal e como veu ocorrendo até agora, o percorrido a completar será de tres millas que estarán repartidas en catro longos coas súas respectivas tres ceavogas. A composición de cada quenda chegará en base á clasificación obtida na II Bandeira Nauta Sanxenxo do día anterior.

Daquela, este pequeno municipio será testemuña por primeira vez da chegada da Liga San Miguel e é un xesto que quixo salientar o alcalde de Bueu, Felix Juncal, quen puxo en valor o desembarco da máxima competición ás súas augas. Ademais, fixo un chamamento a todos os afeccionados que se acheguen a Bueu para gozaren dunha das localidades con máis encanto de Galiza e fixo a visitar el Museo Massó . Ademais do propio Juncal, nesta presentación tamén estiveron presentes Xosé Leal, concelleiro de deportes do Concello de Bueu, así como Iñaki Mikeo, xerente da ACT, Eva Cuetos, responsable de marketing de Conservas CalvoDiana Fernández de Naviera NaviaCómpre sinalar que neste acto tamén estivo presente o vicepresidente do Club de Remo Bueu, Florentino Resille, quen explicou todos os detalles da proba que se celebrará unha hora antes da Liga San Miguel no mesmo escenario, correspondente ao Grupo B da LGT.

Voltar