ACT TV 2015

ESPECIAL

18 Feb 2015

Unha nova festa de récord

Unha nova festa de récord

O descenso de Orio recibirá neste sábado 88 embarcacións, salientando a presenza de traíñas da Liga San Miguel así como da Liga Euskotren

Este sábado Orio acollerá a partir das 16.30 horas unha xornada moi especial. Até a localidade guipuscoana desprazaranse un total de 88 embarcacións, con presenza xa non apenas de traiñeiras, mais tamén de llagut catalán e llaüt mediterráneo. No que á traíña se refire, as tripulacións absolutas masculinas terán que cubrir un percorrido de 6000 metros, con saída en Mapil e chegada á ponte de Orio. Serán un total de 49 botes os que compitan pola IV. Babyauto Ikurriña, entre os que salienta a presenza de 8 equipos da Liga San Miguel, como o caso de Orio Babyauto, San Juan Iberdrola, San Pedro Ecolmare, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de BizkaiaKaiku AmbilampUrdaibai Avia e o vixente campión da Coroa "la Caixa", Hondarribia Orsa.

Na competición feminina, pola contra, serán 15 as aspirantes a levárense a I. Babyauto Ikurriña, salientando tamén a presenza de embarcacións que nas últimas tempadas participaron na Liga Euskotren como Hibaika Jamones Ancín, Zumaia, Orio Babyauto ou a vixente campioa, San Juan Iberdrola.

Así, esta mañá, o Concello de Orio foi testemuña da presentación desta nova festa do remo que vén programada dentro do calendario de actividades do 50 aniversario do club. Até o encontro achegaronse o presidente del CRO Orio, Ibon Huegun, así como o alcalde da localidade, Beñat Solabarrieta, e Ibon Maza, de Babyauto

Voltar