Novas 2015

COMPETICION

09 Xul 2015

A competición chega a San Sebastián

A competición chega a San Sebastián

Nesta mañá presentouse a IV Bandeira Eusko Label no Aquarium de San Sebastián

O domingo a partir das 12:00 horas porase en xogo a IV Bandeira Eusko Label en San Sebastián, correspondente á quinta xornada da Liga San Miguel. As 12 tripulacións completarán un percorrido de tres millas náuticas con catro longos e tres ceavogas nun dos escenarios máis coñecidos do mundo do remo, a baía da Concha.

Sendo esta unha xornada desputada en domingo, as quendas dependerán do que suceda na xornada anterior, en Pasaia, polo que a composición de quendas coñecerase así que remate a III Bandeira “la Caixa”. Por outra banda, antes de que dea comezo a regata da Liga San Miguel, desputarase a segunda xornada de clasificación para a Liga Euskotren, onde o equipo vencedor levará tamén a IV Bandeira Eusko Label. A proba feminina desputarase en contra o reloxo onde completarán un percorrido dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. A orde de saída desta regata será inversa á clasificación final da Bandeira “la Caixa” da véspera, saíndo San Juan Iberdrola na última posición.

O acto de presentación da regata tivo lugar hoxe á mañá no Aquarium de San Sebastián e estivo presidido por Pedro Andueza, presidente da ACT; Vicente Zaragüeta, presidente do Aquarium; e Juan Mari Etxabe, representante de San Juan Iberdrola. Pedro Andueza dixo que “a baía da Concha sempre aporta un grande espectáculo ás regatas que se desputan alí”, polo que o domingo agárdase “gozar dunha grandísima regata”

Voltar