Novas 2016
COMPETICION
22 Mar 2016
Victorias para NT2 Hondarribia e Hibaika no test sanpedrotarra
NT2 Hondarribia na categoría masculina e Hibaika Jamones Ancín na categoría feminina impuxéronse no descenso que organiza
Un total de 37 embarcacións achegáronse este sábado á localidade pasaitarra de San Pedro para desputar un dos derradeiros test antes de encetar a Liga San Miguel. Malia o mal tempo, moito público quixo presenciar ao vivo este espectáculo.
Na categoría masculina, o campión da última Coroa CaixaBank, NT2 Hondarribia, logrou imporse con un tempo de 19’42’’49 avantaxando en seis segundos a Urdaibai Avia. O terceiro posto foi para os aguiluchos de Orio Babyauto, deixando 11 segundos frente á ‘Ama Guadalupekoa’. O conxunto rosa de San Juan Iberdrola foi cuarta con unha marca de 19’56’’ 32 e a ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare fue quinta cedendo un segundo frente ao seu veciño. A sexta posición foi parar para Zierbena Bahías de Bizkaia que perdeu 25 segundos a respecto de NT2 Hondarribia. Completando a ronda de embarcacións da Liga San Miguel, Astillero rematou en sétima posición con un tempo de 20’23’’ 11 e Zumaia 20’38’’57, ficando así na undécima posición.
Na categoria feminina, Hibaika Jamones Ancín, conseguiu imporse frente á vixente campioa da Liga Euskotren, San Juan Iberdrola, á que lle sacou unha vantaxe de nove segundos. Tras delas, en terceira posición terminou Orio Babyauto cedendo 15 segundos frente ás de Errenteria. En veteráns, Telmo Deun foi o gañador por diante de Arkote, Fortuna e Zarautz.