Novas 2016

ESPECIAL

05 Xul 2016

Dani Torrado imprime ritmo á #PlaylistDeXullo

Dani Torrado imprime ritmo á #PlaylistDeXullo

O remeiro de Cabo, Dani Torrado, crea unha nova listaxe de reprodución na que o rock galego ten grande importancia
 

Unha nova playlist florece ao tempo que comezamos o mes de xullo. Desta volta, Dani Torrado, remeiro de Cabo, colle o relevo de Unai Osa, e é o encargado de amenizar os nosos ouvidos coa #PlaylistDeXullo. O de Boiro, lévanos a gozar do rock galego como nunca o fixeramos. Na súa listaxe podemos atopar cancións como "De jalisia o extranxeiro", "Quero josar" e "Que jallo e" do grupo Heredeiros da Crus.

Porén, Dani Torrado, ofrécenos máis do que rock galego, tamén atopamos cancións clásicas como "Everybody" de Backstreet Boys, "Highway to Hell" de AC/DC, "Eye of the tiger" de Survaivor ou "Welcome to the jungle" de Guns N' Roses.

Para rematar coa #PlaylistDeXullo, Dani Torrado deixa un oco para clásicos nacionais como Los Suaves con "Dolores se llamaba Lola", Loquillo con "Rock and roll star" e Estopa con "Raja de tu falda". Non dubides en darlle ao play e gozar da música que o de Boiro escoita para quentar antes das regatas da Liga San Miguel!

Voltar